Quenes estivemos implicad@s na realización deste #videoclip enterámonos, durante a rodaxe, de que a localización elexida, coñecida como Cotogrande ou Monte de Cabral, unha paraxe de incalculable valor natural ás aforas de #Vigo, corre serios riscos de ser destruída, a causa da complicidade do alcalde da cidade, Abel Caballero, coa corporación británica #Eurofund. O alcalde e a corporación queren converter o parque forestal nun macroproxecto comercial ao que lle pretenden chamar Porto Cabral.
Os argumentos dos partidarios deste despropósito non resisten a máis mínima análise, son falacias e troulas. Sosteñen, por exemplo, que só hai eucaliptos e esta teoría desmóntase a simple vista. Os seus métodos son caciquís, xa que pretenden obviar as opinións da maioría dos vigueses e, en particular, as da maioría dos comuneiros de Cabral.