O fío oficial para practica-lo galego.

samper

T

Sinceramente, me parece una lengua horrible. Cada vez que leo o escucho gallego siento que mis ojos u oídos están siendo martirizados.

1 4 respuestas
BoLcHeViKe

#242 e porque non te vas ao carallo?

Coño, viche que bonita é a lingua :D

1 1 respuesta
W

#242

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Pero eso xa é sabido e o temos no noso hino, non te preocupes que ten cura.

Os Pinos
2 1 respuesta
T

#243 Porque no vivo en Galicia.

#244 Es sólo mi opinión.

samper

#242 O mismo pensa moita xente da lingua de castela, con eses sons tan fortes que tendes coa 'j' e o 'g', parece que estades a cuspir. Pero son opinións.

1 respuesta
T

#246 Yo viví dos años en Galicia durante mi infancia y el castellano me seguía pareciendo mucho más bello que el gallego. Si puedes decirme qué escritores notables han escrito sus obras en gallego, quizá tengamos materia más amplia para debatir.

2 respuestas
SkOi

se non queres participar deberías telo pensado antes.

Agora, gustaríame que quedases conda nós, falando como persoas. Quen sabe, igual troca alguén de opinión.

SkOi

#247 Xa que editas, postearei de novo.

É un exemplo moi típico, pero sigue sendo certo.
Alfonso X, rei de Castilla, foi coñecido por escribir en galego (bueno, galaico-portugués, que estamos a falar do século XIII).

Se o propio rei de Castilla consideraba que o galego era unha lingua axeitada para poder escribir as súas obras, xa non hai nada máis que decir.

De todos xeitos, eso de "escritor notable" non é moi obxectivo.

Squall19

#242 Vai rañala. Xente ignorante haina en todos lados, pero de momento foches o único que entrou a corroboralo decindo tonterías.
Ala, e que che medre. Paspán.

SpiuK

Yo quiero a aprender a hablar gallego.Llevo dos años viviendo en Galicia y lo entiendo perfectamente,pero en el momento de crear frases me hago un cacao mental que flipas,asi que empezare a practicar aqui con tonterias sueltas :D

2 respuestas
BoLcHeViKe

#251 pos podes comezar poñendo ese post en galego :P

1 respuesta
SpiuK

#252 Es que puedo liar una muy gorda eh,lo he intentado y es que hay cosas que no se como escribirlas XD.
Yo lo intento y vosotros me ayudais :D

Eu quiero aprender falar galeo.Levo duos anos vivendo eiqui en Galicia e lo entendo perfectamente,pero e no momento do crear frases teño un cacao mental que flipas.

Creo que es asi mas o menos XD

2 respuestas
BoLcHeViKe

#253 Mais ou menos si xD

Sería en plan :

Eu quero aprender a falar galego. Levo dous anos vivido aqui (o de eiqui soname pero non sei se é a forma oficial xD) en galicia e o entendo perfectamente, pero no momento de crear grases teño un cacao mental que flipas.

Pero na, que o levas peras xD

2 respuestas
SpiuK

#254 O de eiqui sempre o e escoitado,polo tanto supuse que era asi.

Joder es que me da la hostia de verguenza intentarlo de verdad,me da la sensacion de que se rien de mi jajaj,pero bueno,algun dia tenia que empezar.

4 respuestas
BoLcHeViKe

#255 que va home, aqui ninguen se rie de ti tranquilo :P

xPenax

#255 Quen se vai rir de tí cando nin os do sur damos entendido cos do norte? haha, para ser un reino pequeno a lingua varia unha morea.

Squall19

#255 Tranquilo home. Normalmente é poñerlle interés. Si xa o entendes é un gran paso para comezar ti a falalo.
Grazas a Deus aínda queda xente que se interesa pola nosa lingua, porque a veces oes cada barbaridade que che ferve o sangue (como o de uns mensaxes máis arriba).
E tamén que digan que unha persoa que fala con interferencias (geada e seseo) é borrega...
Eu falo con geada e seseo, e síntome orgulloso. Son pequenas variacións que se produciron ó longo do tempo e de forma natural. Non entendo porque chegan a tal conclusión. Pero e que ás veces oes cada cousa...

Saúdos.

1 1 respuesta
samper

#253 #254 #255 Eiquí se non erro, é propio do bloque oriental, vamos Lugo e Ourense, pero escoítase por todo o territorio...Agora no dicionario da Real Academia non aparece, pero antes viña...Non está mal, así que pode usalo. En #235 tes unha serie de recursos para aprender o galego.

Ánimo coa aprendizaxe do galego!

W

#251 Por como te expresas non terás dificultade en falalo perfecto e propio acento

cando queiras falamos, hai regras básicas que te favorecerán a usalo correctamente seguro...

SpiuK

#258 Eu penso que a xente non se interesa po lo galego por que fora de Galicia non sirve para nada...Si non fora por que eiqui me lo piden,non lo aprenderia...Pero la verdad e que es entretenido intentar aprendelo.

2 respuestas
xPenax

#261 po-lo ou polo, por outro lado me lo a maioria dos galegos dicimos mo, que e a forma contracta.

Os artigos castelans lo e la en galego son só o e a

A forma correcta do teu texto seria algo así

"Eu penso que a xente non se interesa polo galego porque fora de Galicia non sirve pra nada... Se non fora por que eiqui (ou aqui) pidenmo, non o aprendería... Pero a verdade é que é entretido tentar aprendelo"

PS: Gustame que sigas tentando, calquera duda que te surxa na escrita preguntaa, aqui todos habemos de votarte unha man.

1 respuesta
samper

#261 Eu penso que a xente non se interesa polo galego porque fóra de Galicia non sirve para nada...Se non fora porque eiquí mo piden,non o aprendería...Pero a verdade é que é entretido intentar aprendelo.

Ao respeto do que dis, tampouco vale de nada o neerlandés fóra dos Paises Baixos e Flrandres, ou o sueco fóra de Suecia/Finlandia etcétera. As línguas máis aló dunha ferramenta forman parte da cultura/indentidade dun pobo. De todas formas eso de fóra de Galiza non vale de nada...Fálase na rexión berciana de León, en Eo-Navia en Asturias e tamén na comarca do Seabra en Zamora (sobre todo en Calabor e As Portelas). Despois xa poderiamos entrar no debate de galego e portugués.

#262 Creo que é discutible a colocación do pronome átono mo. Creo que pode poñerse antes, como puxen eu, ou despois como puxeches ti. Por norma xeral vai sempre detrás do verbo, salvo certos casos, e algúns que pode ir nas dúas posicións. É un deses casos agora? Penso que si.

1 respuesta
SpiuK

Asi da gusto. Buena manera de recordar lo de los articulos es simplemente quitandole la L :).

#263 Pero por exemplo,en Asturias,Leon o Zamora non te piden o cesgas para traballar...A min para un grado superior mo piden,y e unha putada...

1 respuesta
samper

#264 É Celga, Certificado de Estudos de Lingua Galega. Eu penso que non piden o CELGA...se fas as probas de acceso tes que facer a proba de castelán, e de galego e de matemáticas e a específica, e se tes bacherelato entras directamente, fixéralo en Cantabria ou en Galiza, penso eu. E para traballar só na administración pública, despois na empresa privada depende de cada empresario, loxicamente xD.

Pero por exemplo,en Asturias,Leon ou Zamora non te piden o celga para traballar...A min para un grado superior pidenmo, e é unha putada... (Non existe nin o y nin o k en galego.

2 respuestas
SpiuK

#265 que diferencia hay entre pidenmo y mopiden?

EDIT: Lo acabo de leer arriba.

2 respuestas
BoLcHeViKe

#266 a colocación de pronome en galego é o máis dificil de todo o idioma xD

#269 a túa frase * :P

2 respuestas
xPenax

#267 e a utilización correcta de te ou che segundo seña. Eu son teista e é un autentico crebacabezas.

#268 Non entendela frase ou non entendes porque non son capaz de diferenciar? Se é o segundo e porque vivo nunha zona na cal é limitrofe con Portugal (Baixo Minho) donde todo o mundo usa o pronome TE, sen diferencialo do dativo CHE.

Cando por exemplo cando a normativa é Dixenche iso a ti, eu por naturaleza escribirei Dixente iso a ti. Sen darme conta algunha.

1 respuesta
SpiuK

#268 non entendo tu frase

1 respuesta
Halvert0

#247 JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJJ

se nota que andas informado