lolo-_-
Desde Ago '07 Último post Oct '09 Visto Feb '12 Costa gallega

Prison Break
Lost
Heroes
Dexter
HIMYM
Friday Night Lights
House
Gossip Girl
Scrubs
Entourage
Flash Forward

Padre de Familia
Los Simpsons
Kevin Spencer
Los Oblongs

Aquí no hay quien viva
Aida
La que se avecina
Los hombres de Paco
7 Vidas
Manos a la obra


O ceo na Coruña está cuberto, a praia sofre as acometidas incontestables do mar -parece que algo lle fixo-, e os paraugas pasean e míranse, sentíndose donos das rúas.
Algúns pícaros vestidos de uniforme saen do colexio, das actividades extraescolares que ás veces parecen escolares, ou da mesma importancia que éstas -ditosos pais frustrados-.
As señoras maiores, que non vellas, pasean os seus abrigos de peles, falsas, e os seus maruxeos, e as súas afiadas linguas bulen, roxen, súan de tanto traballar.
O home de "a pé", que case sempre vai en coche, sae do traballo apurado, gritando nos semáforos ao resto da fauna cidadá. As amas de casa adivíñanse, abertas as fiestras e chameantes as cociñas, atareadas.

Camiño cara a Riazor. Son as oito e media da tarde, xa o ceo negro. A miña cara non sei moi ben que expresión terá, pero o meu bandullo está que arde, abonadas ás bolboretas este ano. Os meus brazos teñen o cabelo de punta, e as miñas pernas tremen -afeitas están-. Arrinco un fío azul que colga da miña camiseta, por enriba da cazadora. Vai un frío que pela, menos mal que levo a bufanda.

Os meus males esquécense, o frío pásase, o mal humor vaise, a paixón domíname. Síntome importante, síntome vivo, síntome parte de algo grande. Berro, e a miña voz non se queixa. Cada vez pide máis, cada vez dá máis, a tensión gústame.
Trinta e cinco mil persoas somos unha, eu son trinta e cinco mil almas. Abrázome ao tío do asento de abaixo, ao da dereita, ao de atrás, aos meus amigos. Abrázome ao céspede, ás redes, aos xogadores, ao presidente. Abrázome á cidade, ao mar, a Galiza; aperto Europa, ríome de Italia, de Inglaterra, de Alemaña, de Francia, de certas partes da España.

Son o medo do mundo, somos duascentas cincuenta mil e once persoas unidas, somos unha soa alma. Somos grandes, queremos máis. Gañamos todo, esmagamos a todos. Somos a envexa do mundo. Tan pouco diñeiro e tanto sentimento, e tanta paixón, e tanto fútbol. Son as dez menos cuarto.

A cidade tinguíase de azul e branco cada martes, cada mércores, cada sábado e cada domingo. As formigoneiras pitaban, os taxistas escoitaban as súas radios a todo volume, Manoliño Castelo era a voz dos coruñeses. As pescadeiras vendían máis que nunca peixe branco, e vendían máis que nunca peixe azul. Coruña é unha señorita engalanada, unha primeira dama nun baile no que todas las demáis, de gris, envéxana. Sobe cara ao ceo, no canto da campá de po que tantos pobos cobre, unha nebulosa azul e branca, luminosa.

Os señoriños, as señoriñas, os "chorbos" e as "chorbas", as mozas, os cativos, os homes, as mulleres, as rúas, os edificios, o campo, o estadio, o mar, a praia, as farolas, os semáforos, as fiestras, os coches; todos gritan, todos tremen, todos roxen, todos asustan e todos son un. Todos somos once. Todos somos o Dépor. E todos témennos.

Aquel Tristán xenial. Aquel Valerón ao que todos chamaban Fraco. Aquel Francisco e a súa cintura de ouro. Aquel Mauro Silva e os seus pulmóns. Aquel Donato e a súa colocación, a súa experiencia. Aquel Víctor desbordante e talentoso. Aquel Manuel Pablo incombustible e pegañento. Aquel Naybet emperador. Aquel Molina enorme. Aquel Romero selección. Aquel Djalma pícaro, panenka e sublime. Aquel Makaay letal. Aquel Irureta cauteloso. Aquelas noites de gloria, aquelas tardes de sol, aqueles derbis chuviosos, aquelas finais brancas. Aquelas batallas no exilio, aquelas vitorias incontestables, aquela fonte chea de xente, aquela ilusión…

Dicídeme se non o botades de menos. Dicídeme se non o recordades cada martes que xoga o Barça, cada mércores que xoga o Madrid, cada sábado que televisan o Valencia e cada domingo que oimos do Celta. Cada partido que empatamos na casa, cada erro de Diego, cada agresión de Coloccini e cada lesión de Andrade, coa maxia do "Fraco" afogada na area de Riazor.

Dicídeme se non estades melancólicos, dicídeme se a cidade non está vestida de gris. Dicídeme a onde se foi todo aquilo, dicídeme se non se foi con iso unha parte de vós. Dicídeme se non recordades; e dicídeme se non vos pasades os martes, os mércores, os sábados e os domingos diante do televisor, á beira dunha radio, ou no estadio de Riazor. Dicídeme se non levades o recordo nas veas. Dicídeme se non tendes o sangue branco e azul. Dicídeme se non soñades polas noites, ao volver a casa co corazón rachado, con aqueles gloriosos anos.

E dicídeme, para rematar, se non desexades con toda a vosa ialma -que un día foron duascentas cincuenta mil e once- que volvan aqueles tempos; e que o corazón nos latexe de novo, e que as pernas vólvannos a tremer, e que non volvamos ter frío nun asento de plástico azul, e que nos teman en Europa, e que Coruña vístase de gala, e que volvamos ser un.

Por sempre ¡Forza Depor!

Firmas

rallyeitor
rallyeitor Oct '09
felicidades por el depor... buen partido y victora XD
ShADoWWolF
ShADoWWolF Mar '09
Sabes que te dejo destacar siempre, el dia que me ponga serio explota el cs GJ
S
sCoRPi0n Feb '09
puto gallego los cojones pero ponte a hablar en español ostias! jajaja SO FRIKY! tantas series t tragas?? PERO SAL DE CASA PRINGAO !! JAJAJA, aleee te gusta la fotiko eh TOA PA MI MUAK !!
MikAs
MikAs Dic '08
q loco dame tu msnnn aiii
  • Desde Ago '07
  • Último post Oct '09
  • Visto Feb '12
  • Costa gallega
  • Breaking Bad
  • Lost
  • Dexter
  • Heroes
  • How I Met Your Mother
  • Prison Break
  • El último superviviente